Back

Parabéns ao profesor Pico!

O pasado luns, o alumnado e o profesorado de primaria compartiron un emocionante momento no salón de actos do colexio con motivo da xubilación do profesor Xosé Luís Pico.

Que momento tan especial vivimos esta semana na escola. O profesor Pico, despois de máis de corenta anos de entrega, servizo e traballo no colexio La Salle Santiago, comeza unha nova e merecida etapa.

Son moitos os nenos e nenas que pasaron polas súas aulas e que recordan ese tempo compartido cun inmenso cariño. Sempre se mostrou disposto a axudar e colaborar nas tarefas, propostas e proxectos da escola sen perder a ilusión pola súa profesión en ningún momento e contaxiando a súa alegría ao resto dos compañeiros e compañeiras.

As profesoras e profesores mais todo o persoal de servizos do colexio non podemos sentirnos máis orgullosos e afortunados do tempo compartido e vivido con el no día a día da escola. Agradecemos enormemente o seu traballo e dedicación e desexamos con todo o noso corazón que goce do seu merecido tempo de descanso.

Sabemos que continuaremos desfrutando da súa presenza.

Parabéns e grazas polo teu tempo!

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.