Día Escolar da Non Violencia e da Paz
O pasado luns 30 de xaneiro celebramos no colexio o Día da Paz.
Despois dunha intensa semana na que traballamos e afondamos no tema da paz, chegou o día de facer unha celebración colexial en familia que resultou ser todo un éxito. As nenas e nenos das distintas etapas participaron nun acto moi emotivo que nos fixo sentir moi unidos como colexio. Tamén cantamos cancións e fixemos mostras das distintas dinámicas traballadas nas aulas durante a Semana da Paz.
Agradecemos aos profesores e profesoras mais ao alumnado a súa gran implicación e por demostrar, unha vez máis, que xuntos mellor.