Coñecer para entender
Os dous últimos mércores de novembro contamos coa presenza de Raquel Rey, María e María Camiña, estudantes de último curso de enfermería que ofreceron a súa dispoñibilidade e traballo para colaborar na formación dos nosos alumnos de 4.º de ESO. O tema en cuestión era a regra. O ciclo menstrual, que produtos hai dispoñibles para estar cómoda e non manchar, que vantaxes e inconvenientes ten cada un…Tamén viñeron romper mitos. Parece que aprobamos o Kahoot que nos fixeron!! Na segunda sesión María C. veu a entrar con máis profundidade nas funcións e consecuencias da presenza e diminución de hormonas durante o ciclo. Que bo ser capaz de conectar as nosas emocións co momento do ciclo no que estamos! así poderemos sacarlle partido ás súas oportunidades. Aproveitar toda a enerxía e capacidade de concentración da fase preovulatoria para adiantar deberes, traballos e estudar exames. Utilizar o punto cúspide de creatividade e nivel de enerxía da fase ovulatoria, identificar a fase premenstrual na que nos custa máis esconder as emocións e buscar o descanso e a reflexión na etapa menstrual. Non hai nada como coñecernos, para entendernos e así querernos. Grazas mozas e ata outra!