Compromiso co deporte!
O pasado domingo, equipos de alumnado mais de profesorado do noso colexio, participaron na Carreira Pedestre de Santiago!
Dende o colexio sempre buscamos fomentar ao máximo a actividade física e deportiva. Así foi que, este domingo participamos, como xa é tradición, na 45ª edición da Carreira Pedestre de Santiago. Un equipo de profesoras e profesores mais numerosos alumnos e alumnas apuntáronse e desfrutaron do gran evento deportivo.
Ademais de poder gozar desta longa carreira, tivemos a sorte de ser premiados como primeiro centro de ensino clasificado.
Estamos moi agradecidas con todas as persoas que foron animar nunha mañá deportiva na que non podemos estar máis orgullosas de todas as persoas participantes.
Viva o deporte!