Back

Como nos gustan os proxectos!

Se algo desfrutamos facendo en primaria son os proxectos NCA!

Cada un deles ábrenos as portas a investigar e aprender sobre diversos temas. O noso alumnado vólvese o verdadeiro protagonista da súa aprendizaxe.

Neste caso traémosvos o que fixo o noso alumnado máis veterano de primaria:

-As nenas e nenos de 6º de primaria estiveron investigando sobre a historia do seu país, preguntándolle curiosidades aos seus familiares e descubrindo datos fascinantes que plasmaron nos seus diarios e nun marabilloso mural.

-O alumnado de 5º de primaria estivo a traballar co proxecto Polaris, no que investigaron sobre a vida dos mariñeiros na Idade Moderna. Centráronse na primeira volta ao mundo protagonizada por Magallanes e Elcano.

Vémonos nos seguintes proxectos!

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.