
Como nos gusta investigar!
Como gozou o alumnado de primeiro de primaria traballando coa auga esta semana no colexio.
As nenas e nenos estiveron traballando nas sesións de ciencias da natureza coa auga e cos distintos estados nos que podemos atopala. Para facer todo máis real, invitámoslles a facer uns experimentos na casa nos que, coa axuda da súas familias, tiñan que cambiar a auga de estado líquido a estado sólido. O máis emocionante foron os experimentos tan creativos que finalmente fixeron!
Desta maneira puideron poñer en práctica o aprendido na aula e, ademais, tiveron a oportunidade de compartir, comentar e manipular co resto de compañeiros e compañeiras na clase todo o experimentado na casa.
Vivan os nosos pequenos científicos e científicas!


