Como gozamos cos obradoiros interdisciplinares!
Na etapa de primaria, entre proxecto e proxecto, dedicamos unha semana á realización dos obradoiros interdisciplinares.
O alumnado de terceiro comezou por todo o alto, nada máis e nada menos que iniciándose no mundo do xadrez. As nenas e nenos puideron aprender e practicar nos seus Chromebooks distintas regras e tácticas de xogo, para despois poder comezar a xogar cos seus compañeiros e compañeiras.
Sen dúbida, unha gran experiencia coa que continuaremos traballando, xa que foi moita a motivación e implicación que demostrou ter o noso alumnado!