
Colabora con PROYDE
Nesta ocasión PROYDE pon a venda unha bolsa solidaria deseñada pola profesora Ángeles Goás coa que colaboraremos co proxecto Fratelli en Líbano.
Cun custo de 10€ poderás reservala nos vindeiros días mediante unha circular que levarán os rapaces.
Anímate a colaborar con nós! Reserva xa a túa bolsa e axuda a construir futuro a aqueles que máis o necesitan.