Back

CHEGA O NADAL, CON SABOR…

A ilusión, amizade, alegría pero sobre todo a moitas ganas de compartir con todos.

O Nadal celébrase o 25 de decembro e é unha data chea de agasallos, doces e sobre todo tempo para estar en familia. E nos corredores e en calquera recuncho do noso colexio arrecende a alegría destas festas que para o noso pequenos e pequenas son a ILUSIÓN E ALEGRÍA.

Pero, con todo, o Nadal tamén representa a vontade de dar, por iso desde a nosa pequena familia de Infantil estamos a traballar para dar a todas as familias unha gran sorpresa o próximo día 22 no noso festival de Nadal. Sen esquecer ningún detalle: luces, árbore, felicitacións, estrelas, portal, bailes, cancións…

A celebración do Nadal resulta un momento máxico, cheo de soños e esperanzas. E por suposto de agasallos… así que non vos preocupedes que estamos a preparar un gran agasallo para todos vós.

Nadal; tempo de darnos un tempo para compartir e para amar. Rie, soña, emociónate… , BO NADAL!

Profesora Puri González
MESTRA DE EDUCACIÓN INFANTIL

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.