Back

CELEBRANDO O ADVENTO EN INFANTIL

Estamos no tempo de espera da gran festa do Nadal

Comezamos o tempo de Advento nas nosas aulas de Educación Infantil, por iso imos dando pasos para que o neno Xesús chegue de novo a nós neste Nadal.

A ilusión e a alegría son as emocións que nas súas caras debúxanse, estamos en tempo de sorpresas e preparación, para iso temos preparado o noso pesebre, pintamos o noso portal de Belén para acoller ao neno, buscamos as estrelas… e todos xuntos que é moito mellor.

Pero tamén coñecemos a historia do nacemento do neno Xesús en Belén, para iso fomos á sala de godly play, onde coñecemos a historia da Sacra Familia. E isto na primeira semana de Advento, pero seguiremos realizando máis cousas para dar a benvida ao noso amigo o Neno Xesús.

Feliz Advento…

Profesora Puri González
MESTRA DE EDUCACIÓN INFANTIL