Back

Amores peixes, o musical

Da man da compañía COLORÍN COLORADA, as nenas e nenos de Educación Infantil gozaron dun estupendo musical.

O martes 22 de novembro fomos ao teatro do colexio para ver unha gran aventura submarina, onde unha valente peixe pequena JULIA, busca unha solución polo fondo mariño para salvar ao seu gran amor ROSENDO das mans dun pescador.


Polo camiño nosa peixe pequena, que é a última da súa especie, atópase con diferentes personaxes: tartarugas mariñas, cabaliño de mar, balea e unha temible quenlla martelo.


Debaixo desta aventura de compromiso, amor e amizade, os nosos pequenos e pequenas aprenderon a importancia de coidar a natureza e os animais que nela habitan.Pero desde logo foi un momento de diversión e aventura mariña para os nosos alumnos e alumnas de Infantil.

PROFESORA PURI GONZÁLEZ

Mestra de Educación Infantil

Tes que engadir un widget, unha fila ou un deseño preconstruído antes de que poidas ver algo aquí. 🙂
La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.