
Canto conta…?
Canto conta un sorriso? Canto conta unha ollada misteriosa? Canto conta un conto inesperado, feito con todo o agarimo do mundo?
Nunha das nosas aulas de infantil recibiuse con moitísima ilusión a sorpresa que os pais e nais lles deron aos nenos e nenas, contándolles un conto entre todos e enviándollelo cun máxico enlace para que o viran no cole.
Unha iniciativa que aplaudimos e disfrutamos ademais de animarvos para que non sexa a única.
É momento de compartir doutros xeitos, de chegar por outros camiños. Teremos que mudar o paso, pero sen deixar de camiñar…