
Ata sempre, mestra Luisa!
O pasado xoves foi un día cheo de emocións no noso colexio.
A profesora Luisa López, tras 25 anos de ensinanza no noso centro, comezará a desfrutar da súa merecida xubilación. Tanto o alumnado coma os seus compañeiros e compañeiras mais o persoal de servizos, botarémola moito de menos no noso día a día.
Grazas polo teu tempo e a túa dedicación ao longo destes anos. A túa pegada queda nos corazóns de centos de nenas e nenos, así coma do profesorado que puido compartir tempo e aprender ao teu carón.
Sempre seremos familia e o colexio a túa casa.
GRAZAS, mestra Luisa!

