Back

#AQUÍTAMÉNSEFALA

O alumnado de primaria está inmerso nunha marabillosa campaña para potenciar o uso da lingua galega!

A campaña de #aquítaménsefala é a maior campaña de dinamización da lingua galega exercida activamente pola mocidade estudantil, con accións directas na contorna inmediata do propio alumnado.

Xa van máis de 50.000 espazos que colocaron o distintivo de #aquítaménsefalagalego. E seguimos sumando!

As nenas e nenos do noso colexio están saíndo á rúa para colaborar e promover o uso da nosa lingua cunha acollida xenial por parte do comercio local dos arredores do noso colexio.

E facémolo porque si. Porque queremos rachar cos prexuízos que pretenden dar unha imaxe distorsionada dunha suposta Galiza que non fala o seu idioma propio.

Nas redes. Nos barrios. Nas casas. Cos colegas. Con quen sexa. Onde sexa. Aquí tamén se fala!

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.