Apuntámonos a non beber
O consumo de bebidas alcohólicas xera cambios físicos e mentais e, ademais pode desenvolver dependencia e tolerancia; pode inducir trastornos mentais non só nas persoas dependentes, senón tamén nas consumidoras regulares. O consumo de alcohol entre as persoas menores de idade ten consecuencias inmediatas e graves, así como consecuencias prexudiciais a medio-longo prazo. O cerebro das persoas menores de idade é especialmente vulnerable aos efectos do consumo de bebidas alcohólicas.
Por todos estes motivos e por moitos máis o alumando de 4.º ESO estamos a participar no curso-concurso: Apuntámonos a non beber do plan PROXECTA da Xunta de Galicia. Xa tivemos un primeiro cursiño de dúas sesións e teremos outro dunha na seguinte avaliación, logo do cal poremos a nosa imaxinación a traballar na procura dun eslogan, anuncio ou campaña contra o consumo de alcohol.