Programas La Salle - Aprendizaxe Cooperativa

Aprendizaxe Cooperativa e por Proxectos

A nosa oferta educativa incorpora a cooperación como cultura, estilo e sistema no que desenvolver unha forma de ensinar e de aprender onde todos gañamos.

A aprendizaxe cooperativa complementa o traballo, esforzo e afán de superación individual, enriquecéndoo con experiencias onde todos achegan, comparten, teñen obxectivos comúns e celebran o conseguido: o equipo gaña.

Esta formulación é extensiva á comunidade educativa, posto que require actitudes e valores que teñen que impregnar o día a día. Apréndese a cooperar, cooperando.

O deseño de implantación e desenvolvemento apóiase nas propostas de investigadores de referencia como son Johnson e a Universidade de Vic