
APRENDER SABOREANDO
Os alumnos e alumnas de cinco anos collemos o autobús e fomos ao Milladoiro, ao OBRADOIRO LEIS
Alí agardábanos Fernando Leis e o seu equipo, quen nos abriu as portas do seu obradoiro artesanal onde tradición e modernidade camiñan da man, un compromiso pola elaboración de pan saudable e cheo de historia .
Puidemos ver en primeira persoa todas as máquinas implicadas no proceso de elaboración do pan e o seu funcionamiento, nun entorno onde arrecendía a pan recén feito.
Como punto final da nosa visita, agasalláronnos cun delicioso boliño.
Grazas a todo o equipo do obradoiro Leis que nos acollestedes e ensinástedes un montón de cousas.
Equipo Didáctico de Educación Infantil




