Back

Aprendendo de cada experiencia

O luns 27 de novembro un grupo de cinco alumnos de bacharelato fomos en representación do Colexio de Economistas de A Coruña a participar nun torneo de Debate a Madrid. O evento discorreu no Ministerio de Asuntos Económicos ao que concorremos representantes de 10 provincias españolas. O noso equipo foi eloxiado polas súas habilidades e coñecemento da dinámica de debate. Control de tempos e movementos, presenza, entoación…O alto nivel e a nefasta coincidencia no noso calendario, en plenos exames de avaliación, dificultounos a superación das distintas fases. Aprendemos o insubstituíble do traballo previo, non é boa idea confiar só na destreza. Tamén aprendemos do bo facer doutros equipos, coñecemos o enorme Ministerio por dentro, collémoslle o truco ao metro de Madrid e…ata puidemos escaparnos, un bo intre, ao Museo do Prado no que nos deleitamos coas obras das que, algúns, vanse examinar en breve.   

Debatamos, buscar argumentos a favor e en contra, axúdanos a crecer en empatía poñéndonos no lugar do outro. 

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.