
Aprendemos cos canciños do Club Só lles Falta Falar!
A semana pasada, os nenos e nenas de terceiro de primaria tiveron unha marabillosa visita no colexio.
Varias persoas do Club Só lles Falta Falar viñeron a explicarnos xunto cos cans Cuscús, Milka, Soto e Thor as diferentes e importantes labores que estes animais desenvolven no seu día a día.
Insistiron na importancia de saber que os animais non son seres que se regalan e que temos que ser conscientes do traballo e da responsabilidade que implica acoller a un animal como membro do nosa familia.
As nenas e nenos puideron pasear con eles, acaricialos, sensibilizarse e concienciarse coa importancia do seu coidado e respecto.
Agradecemos á ANPA La Salle por ofrecernos esta gran oportunidade!







