Back

Fashion Revolution nas aulas de primaria!

O alumnado de quinto de primaria tivo unha visita moi especial como parte do proxecto que están levando a cabo neste momento, chamado “Fast Revolution”.

Esta semana, Mari Carmen mais Didi, dúas marabillosas mulleres que se levan dedicando toda a vida á costura, estiveron axudando ás nenas e nenos a facer patróns e a pasalos a tea para poder levar a cabo o produto final do proxecto: que cada neno e nena sexa capaz de coser a súa propia camiseta.

O alumnado puido comprobar o importantes que son os coñecementos matemáticos para poder levar a cabo esta tarefa.

Unha experiencia que, sen dúbida algunha, non esqueceremos!