
Alejandra Neira segue a súa carreira cara á copa Cofidis
A localidade navarra de Estella foi escenario da cuarta cita da Copa de España de Mulleres Cofidis este sábado, 8 de xuño, na categoría cadete.
Nesta proba de 40,4 km de percorrido varias corredoras escapáronse no alto de Igúzquiza, situado a 12 km de meta. A nosa alumna, Alejandra Neira impúxose nun emocionante sprint e deste xeito segue a ser líder da xeral desta Copa España Mulleres.
Con Alejandra comparte pelotón outra lasaliana, Andrea, alumna do colexio La Salle de Palencia que este curso estivo polo noso colexio representando a obra de teatro “Believer”. Desexámoslle tamén o mellor a Andrea.
Alejandra saía xa na neutralizada na primeira posición lucindo a camisola de líder. Revalidou a súa primeira posición na xeral coa súa nova vitoria abrindo un pouco máis de oco coas súas perseguidoras.
Parabén Alejandra!, e moito ánimo nas tres probas que che quedan.
