
A socialización e a Educación Infantil
Na nosa escola Lasaliana a dimensión social da aprendizaxe é esencial.
O entorno de Internivel onde se mestura o alumnado de 3, 4 e 5 anos, supón unha gran oportunidade para o desenvolvemento da mesma. As aulas convértense en espazos sociais onde se promoven valores participativos, cooperativos e solidarios.
Nos Interniveis, mentres que para algúns alumnos/as determinadas actividades supoñen un reto, para outros é unha boa ocasión para axudar aos demais. É aquí onde a comunicación xoga un papel fundamental. Non debemos esquecer que na familia debemos potenciar as habilidades comunicativas e sociais mediante a interacción cos iguais.
Tan importante é coñecer as letras e os números,como dispor de momentos de xogo e socialización con outros nenos e nenas, polo que dar oportunidades para favorecer esta dimensión tamén fóra da escola, resulta imprescindible para o desenvolvemento integral do alumnado.
MARÍA MONTERO
ARACELI TRABA
LIDIA MUÑIZ
Departamento de Orientación
ELVIRA FERNÁNDEZ
Mestra de Educación Infantil






