
“A MÚSICA NA ALMA PODE SER ESCOITADA POLO UNIVERSO” Lao Tzu
Non hai nada máis bonito que ver cómo o rostro dun neno
se emociona.
E isto xustamente é o que ocorre cando se escolle ben unha peza musical. Observar cómo se expresan a través do movemento ou da pintura ao mesmo tempo que escoitan as catro estacións de Vivaldi ou o “Cello Suite nº1” de Bach é unha auténtica marabilla.
No internivel de música, facemos todo isto, explorar os distintos sons dos instrumentos, experimentar con xogos musicais nas tabletas electrónicas e expresar a nosa emoción a través do movemento e das artes plásticas. O mellor de todo: todas as emocións están permitidas a través da propia expresión de cada neno.
Iso e moito máis nos regala a música, unha maneira xenuina de escoitar e de escoitarnos e coñecernos un pouquiño mellor a nós mesmos.
CRISTINA CASTRO
Mestra de Educación Infantil


