
A historia do Nadal na arte
Coa arte sentimos dunha maneira diferente o Nadal.
Esta semana tivemos nas aulas de Educación Infantil a visita de Carme López Calderón, mamá dunha alumna da nosa etapa e profesora na facultade de Historia.
Con ela coñecemos diferentes obras e técnicas de arte que ao longo da historia plasmaron o Nadal ao longo dos anos:
En 3 anos, coñecemos o cadro de “Adoración dos pastores” de Mengs, falamos da técnica da pintura o óleo, de como Jesús como protagonista do cadro ten toda a luz e todos os demais están ao redor indicando dar un abrazo.

En 4 anos, presentounos o mosaico “Natividade” de Pietro Cavallini, nela soubemos que a unión de piedrecitas pode dar un fermoso resultado, que María e Jesús están no centro por ser os protagonistas. Xunto ao nacemento do neno Jesús, tamén aparece a anunciación aos pastores.

En 5 anos, quedamos nun relevo que podemos atopar aquí en Santiago, na nosa igrexa de San Fiz, é o relevo de “A adoración dos Reis Magos” do mestre F. París.
Neste relevo gótico recoñecemos aos Reyes polas súas ricas vestiduras. A Virxe e en Neno están no centro e son de maior tamaño pola súa importancia.

Despois de toda esta información poñerémonos a traballar nas nosas aulas para dar a nosa visión de todas estas obras.
Contarémosvos o resultado…
Profesora Puri Gonzalez
MESTRA DE EDUCACIÓN INFANTIL




