
“A historia de Iqbal” chega ao noso colexio
As nenas e nenos de sexto de primaria tiveron a oportunidade de gozar dunha charla do máis interesante no salón de actos do colexio.
Como parte do programa de lectura do nivel, o alumnado de sexto desfrutou da lectura de “La historia de Iqbal”. Xa de por si, a historia chamoulles moito a atención xa que lles resultou moi curiosa e distinta ao que adoitan ler. O que non contaban é con que un dos protagonistas do libro viría ao colexio a explicarlles a súa historia.
Ehsan Ullah Khan é un activista pakistaní que loita contra o traballo e a escravitude infantil. O que máis lles impresionou aos nenos e nenas foi ver como o libro que tanto desfrutaron volvíase unha realidade diante dos seus ollos.
Tanto o profesorado como o alumnado de sexto sentímonos enormemente agradecidos pola experiencia!





