
Celebramos o DOMUND en Primaria!
Un ano máis, o alumnado de 5º de primaria, tivo unha saída moi especial!
Aínda non podemos esquecer o día tan marabilloso que viviron os alumnos e alumnas de 5º de primaria na saída do DOMUND fai xa unhas semanas.
As nenas e nenos estiveron compartindo cos demais colexios de Escolas Católicas unha xornada chea de xogos, alegría e convivencia.
Remataron este encontro cunha oración compartida, lembrando a importancia de camiñar xuntos e levar a mensaxe de Xesús a todos os recunchos do mundo.
Xuntos somos misión!




