
Estamos rodeados de artistas!
Como gozou o alumnado de 3° de primaria co proxecto “Black&White”.
Xa sabedes que na etapa de primaria encántannos os proxectos; unha forma de que o noso alumnado aprenda de forma significativa. Os nenos e nenas teñen un papel activo na aula, traballan en grupos, investigan, usan a súa creatividade e imaxinación mentres que van traballando sobre un tema determinado.
Desta vez tocou aprender e traballar co teatro de sombras. As nenas e nenos, despois de varias semanas de preparación, crearon en grupo marabillosas obras que puideron representar con moita ilusión aos seus compañeiros e compañeiras.
O resultado foi abraiante, e nós non podemos sentir máis orgullo por todo o traballo e implicación que demostraron ter durante todo o proxecto.
Parabéns!








