
Influencers en defensa do consumidor
- Categorías Actualidade, Colexio, Secundaria
- Data Marzo 16, 2026
Con motivo do día mundial dos Dereitos do Consumidor e tras realizar un obradoiro sobre publicidade, os alumnos de Cultura Financeira foron convidados á presentación das conclusións do ENCONTRO NOVA ESTRATEXIA GALEGA DE PROTECCIÓN DÁS PERSOAS CONSUMIDORAS 2026-2030 Traballadoras do Instituto Galego de Consumo viñeron ao cole para dar a coñecer as leis que protexen aos consumidores de prácticas abusivas no exercicio da publicidade. O obradoiro tivo continuidade e a reflexión sobre estes temas acompañouse de distintos traballos encamiñados a facer oir a voz dos adolescentes, que xa se atopan con moitas mensaxes de márketing. O 12 de marzo asistimos ao acto, no que Hugo e Guille subiron ao escenario para facer saber ás autoridades e asociacións presentes que os adolescentes non queren que se lles engane con truques, e tamén están preocupados polos malos usos noutras partes da cadea de produción. Non queren que os seus produtos fáganse con explotación de nenos nin adultos. Antes de pechar o acto cun ágape no Hostal dos Reis Católicos, o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración fixo reconto das mensaxes enviadas e instou á potenciación do comercio local. Toda unha experiencia.


Tamén che pode interesar
Unha mañá moi especial!
Estamos rodeados de artistas!
