
Aprendemos no laboratorio!
Para o alumnado de 3º de primaria, a volta das vacacións de Nadal foi do máis emocionante!
As nenas e nenos de 3º de primaria comezaron os seminarios de ciencias naturais visitando o laboratorio do colexio. Alí puideron gozar dunha marabillosa exposición que prepararon un grupo de alumnos e alumnas de secundaria, na que puideron observar e aprender curiosidades sobre animais de diferentes especies, ósos do máis variados e algunhas plantas do máis interesantes e diversas.
As persoas encargadas de mostrarlles e contarlles aos máis pequenos todo isto foron as propias alumnas e alumnos de secundaria. Este encontro entre maiores e pequenos resulta do máis enriquecedor para ambas partes, xa que ademais de compartir coñecementos desfrutan dun tempo agradable xuntos.
Estamos, unha vez máis, moi agradecidas e agradecidos pola oportunidade e a colaboración do profesor Gustavo e do seu alumnado para que estes momentos se poidan levar a cabo.
Vémonos pronto!














