
Unha xornada inesquecible no corazón das Fragas do Eume
Vivimos unha experiencia única grazas ao programa Polo patrimonio provincial da Deputación da Coruña.
A orixe desta excursión tan agardada está no talento de Sofía, estudante de 1.º de Bacharelato do Instituto La Salle, quen resultou gañadora na súa categoría no certame de microrrelatos #HoxeEscriboEn_Mocidade deste ano. Entre os premios incluíase unha excursión para toda a súa aula.
Durante a xornada, o alumnado puido coñecer o impresionante Mosteiro de Caaveiro, adentrarse nas máxicas Fragas do Eume e gozar dunha visita guiada pola riqueza natural e paisaxística da zona.
Parabéns a Sofía polo seu logro e á Deputación da Coruña por apoiar e promover o talento da mocidade. Que sigan creando, soñando e compartindo historias con esa creatividade que tanto nos inspira!