Back

Celebramos o deporte!

Esta semana, as nenas e nenos de segundo de primaria recibiron unha visita moi especial!

A gran deportista e alumna do noso colexio, Alejandra Neira, veu contarnos de primeira man, como parte do noso proxecto O Olimpo Lasaliano, todo sobre a súa experiencia no mundo do ciclismo.

Comentounos o tesón, o esforzo, o traballo, as horas de adestramento, como é compaxinar o estudo á vez que se practica un deporte de forma profesional, entre moitas outras cousas interesantes.

Dámoslle as grazas e compartimos con ela o seu soño de chegar ao máis alto!

Ánimo e moitas grazas Alejandra!