Back

Éxito no Torneo SEK Atlántico

O pasado sábado 22 de marzo, un grupo de 12 alumnos e alumnas de 6º de primaria participaron no Torneo SEK Atlántico de Debate en Poio.

Cun espírito de compañeirismo e ledicia, foron capitaneados por Xan Moure, Delfín Pérez e Micaela Constenla, e contaron coa valiosa axuda da profesora Mónica de Soto e Xan Guillén, que acompañaron e guiaron aos rapaces e rapazas durante toda a preparación, facendo posible que se entregasen con toda a súa ilusión, esforzo e traballo.


Os resultados non puideron ser mellores: todos os equipos se clasificaron para a final, e dous deles acadaron o primeiro e o segundo posto, deixando claro o gran nivel acadado.

Grazas a Fátima, Isabela, Noa, Isabel, Enzo, Icía, Ángela, Carolina, Iria, Julia, Daniela e Carolina polo seu  compromiso e ilusión. Agradecemos tamén ao profesor Dino, que estivo alí apoiando e coidando de cada un deles co seu cariño e dedicación.

Vémonos para a próxima!