Día da Paz e da Non Violencia
O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz e da Non Violencia dunha forma moi especial no noso colexio!
Despois dunha semana na que se foron realizando actividades de sensibilización en todas as etapas, o xoves puidemos xuntar a todo o alumnado e profesorado do colexio para levar a cabo un fermoso acto.
Foi moi agradable ver como as alumnas e alumnos maiores acompañaron e estiveron neste evento co alumnado máis pequeno, como parte da actividade do Irmandamento que levamos a cabo no centro.
Sentimos moito orgullo da gran familia que somos!