Votes for women!
Tras estar reflexionando sobre o machismo na nosa sociedade, por mor do Día da eliminación da violencia contra a muller, os departamentos de Sociais e Linguas Extranxeiras arranxaron levar aos alumnos de 4.º da ESO ao cinema. O filme escollido foi As sufraxistas. Neste quedan en evidencia as desigualdades que tiveron que combater as mulleres a principios do século pasado. O relato, baseado en feitos reais, conta a loita dun grupo de sufraxistas londinenses, pola igualdade nas condicións de traballo, nas leis de familia e no acceso ao sufraxio, en definitiva polo recoñecemento da súa dignidade.
Os alumnos descubriron unha parte da historia que vai formar parte do seu currículo neste curso e o vindeiro, practicaron as súas destrezas na lingua orixinal do filme, coñeceron NUMAX, unha empresa cooperativa e reflexionaron sobre como se chegou ao recoñecemento de dereitos actuais.
Conscientes de que queda camiño por percorrer, mellor é facelo acompañado.
Ánimo pois!