Back

Biotecnoloxía medioambiental

O pasado luns 11 de marzo, os alumnos da asignatura de tecnoloxía tivemos o pracer de ter connosco a Francisco Omil, enxeñeiro químico que leva anos
investigando na USC no campo da biotecnoloxía medioambiental. O profesor explicounos en que consistía o traballo da biotecnoloxía e os cinco distintos campos de aplicación nos que axuda á sociedade, dende a medicina (quizais a máis coñecida) ata a industrial pasando polo estudo e aproveitamento de recursos naturais como as plantas ou o mar, facendo fincapé no labor que ten na preservación ambiental.

Agradecemos moito ao profesor que nos dedicase este tempo e que nos brindase a oportunidade tanto de aprender como de coñecer alternativas novas neste momento de decisións tan importantes que estamos a pasar.

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.