Back

Patios dinámicos para o noso alumnado!

Dende o mes de outubro estanse levando a cabo os patios dinámicos nos recreos de Primaria.

Como xa se vén facendo nos últimos anos, todos os recreos as nenas e nenos de primaria teñen a opción de participar nos patios dinámicos, pero este ano cunha novidade: o alumnado voluntario de 6º encárgase de organizar os xogos!

A iniciativa tivo moi boa acollida e son moitos os participantes neste voluntariado. Ademais aos máis pequenos agrádalles moito que sexan outros alumnos e alumnas os que dinamicen os patios. Todos os días asiste un numeroso grupo, sempre e cando a chuvia o permita.

En agradecemento aos voluntarios e voluntarias, o pasado venres entregóuselles un pequeno agasallo. Moitas grazas!

Esperamos seguir pasándoo tan ben, xuntos, nos recreos durante todo o curso! 

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.