![](https://web.lasallesantiago.gal/wp-content/uploads/2023/11/Foto-5.jpg)
Benvido Samaín!
Despois de días de preparación chegou, por fin, a tan esperada celebración do Samaín no noso colexio!
Durante varios días o alumnado dos distintos niveis de primaria, coa axuda do seu profesorado, estivo facendo uso da súa creatividade para elaborar orixinais decoracións co obxectivo de ambientar os nosos corredores para a celebración do Samaín. Chegou o día, e as nenas e nenos non podían estar máis emocionados por poder gozar dunha tarde distinta cos seus compañeiros e compañeiras.
Agradecemos a implicación das profesoras e profesores por facer que o noso alumnado puidera desfrutar de distintas actividades especiais que fixeron que esta xornada fora do máis especial e divertida.
Xa estamos agardando á celebración do próximo curso escolar con moitas máis ideas terroríficas para levar a cabo!
![](https://web.lasallesantiago.gal/wp-content/uploads/2023/11/Foto-1.jpg)
![](https://web.lasallesantiago.gal/wp-content/uploads/2023/11/Foto-2.jpg)
![](https://web.lasallesantiago.gal/wp-content/uploads/2023/11/Foto-3.jpg)
![](https://web.lasallesantiago.gal/wp-content/uploads/2023/11/Foto-4-768x1024.jpg)
![](https://web.lasallesantiago.gal/wp-content/uploads/2023/11/Foto-6.jpg)
![](https://web.lasallesantiago.gal/wp-content/uploads/2023/11/Foto-7-768x1024.jpg)
![](https://web.lasallesantiago.gal/wp-content/uploads/2023/11/Foto-8-768x1024.jpg)