Modelo de Parlamento Europeo no colexio La Salle
O pasado xoves 19 de outubro celebrouse no noso colexio a Fase Escolar do Modelo de Parlamento Europeo, actividade que pretende fomentar a capacidade de debate e expresión en público dos estudantes. Un total de cento once alumnos e alumnas de 1º de Bachillerato participaron neste certame. Desenvolveuse ao longo do dia, onde durante a mañá traballaron en distintas Comisións. Nelas foron presentando as súas opinións e resolucións sobre problemas da actualidade como: “A saúde mental dos mozos en Europa”, “A ética da intelixencia artificial”, “A escaseza da auga e do papel na Unión Europea” e “O turismo sostible como forma de promover a economía local e rexional”. Estas Comisións estiveron presididas polos seus compañeiros de 2º de Bacharelato que foron seleccionados para a Fase Autonómica, Nacional e Internacional na edición anterior deste certame, ademais de antigos alumnos que xa foron seleccionados en anos anteriores e chegaron aos mesmos niveis. Pola tarde, estos acordose propostas, foron defendidos e debatidos nunha auténtica Asamblea Parlamentaria. Finalmente, os delegados seleccionados para a próxima Fase Autonómica que se vai a celebrar, xunto con alumnos de toda Galicia, os días 19 e 20 de Novembro, son os alumnos de 1º de bachillerato: Alba Sánchez Suárez, Xan Moure Boga, Diego Marcel Oizan-Chapon González, Delfín Pérez Rodríguez, Claudia Castiñeiras Coya, Lía Rodríguez Domínguez, Micaela Constela Castro y Lucía López Cartelle.
Esperamos que a experiencia que lles proporcionou esta actividade póidalles resultar útil pensando no seu futuro persoal e profesional. Noraboa a todos.