Alumnos de Bacharelato no Congreso dos Diputados
Os pasados días 25, 26 e 27 de marzo tres alumnos de primeiro de Bacharelato: Alejandro Arza Mayer, Arturo Ponte Álvarez e Laura Suárez Ares, acudiron á fase Nacional do Modelo de Parlamento Europeo que se celebrou en Madrid no Congreso dos Deputados, onde se reuniron cos mellores alumnos de todo o país. Todo eso tras superar unha fase escolar e ser seleccionados entre os dez mellores nunha fase autonómica do torneo.
Acompañados de Pablo Domínguez Calatayud, alumno de segundo de Bacharelato seleccionado para a presidencia da fase, e Mónica de Soto, profesora do centro, puideron vivir estes días onde expuxeron as súas ideas, debateron sobre o futuro de Europa e coñeceron a alumnos de toda España.
“Aínda que foron tres días de moito traballo e pouco descanso, non nos arrepentimos, coñecimos a xente marabillosa e será unha fin de semana que lembraremos sempre. Estamos moi agradecidos co noso centro e coa fundación San Patricio pola oportunidade de ter esta experiencia e sobre todo con Mónica, Pablo e o resto de alumnos de 2º de bacharelato que nos axudaron tanto. Estamos contaxiados de gravidade do virus MEP e esperamos non sanar nunca.”
Laura, Alejandro e Arturo.