Os nosos talentos
Tedes que pensar nun proxecto de empresa que vos gustaría poñer en marcha, algo que realmente fose interesante para alguén como ti coma cliente. Esa foi a tarefa encomendada na clase de Economía de 4º da ESO. E partir de ahí Claudia Castiñeiras, Laura Novo e Marta Sesar, por orde alfabético, comezaron a dar pasos na creación dun proxecto empresarial. O resultado foi presentado na titoría do mércores 11 de xaneiro nas catro aulas de 4º da ESO.
Coa colaboración da mestra e coach Sonia Franco ábrese un espazo aos alumnos para traballar no descubrimento e posibes aplicacións dos seus talentos. Serán 12 sesións en horario extraescolar cofinanciadas pola ANPA nas que profundizar nun mesmo para ter máis claridade á hora de facer as próximas escollas.
Deixa de dubidar e comeza a teclear; para máis información: taller.orientacion.lasalle@gmail.com