Charlas sobre ocio nocturno
Os días 24, 25 e 26 de outubro o alumnado de Bacharelato tivo ocasión de recibir unhas charlas sobre o ocio nocturno a través de Martín, policía local de Santiago.
Resultaron moi interesantes e serviron para coñecer aspectos da normativa moi importantes que afectan ao ocio nocturno, nun momento no que este ocio está provocando moitos problemas entre a veciñanza.
Dunha forma amena e cercana Martín explicou os aspectos fundamentais a ter en conta respecto dos locais, espazos públicos (botellón) e vivendas particulares, dando consellos e indicando como actuar correctamente.
Agradecemos á Concellaría de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Festas de Santiago esta iniciativa, que esperamos resulte fructífera.