Celebramos o Domund no colexio!
O pasado venres 22 de outubro, o alumnado de quinto de primaria puido desfrutar dunha xornada de celebración dedicada ao Domund.
Esta xornada levouse a cabo no noso colexio, que tamén tivo o privilexio de recibir tanto a nenos e nenas como ao profesorado de outros sete centros da cidade. Houbo un primeiro momento de xogos e unha segunda parte de oración e reflexión. Todos os participantes gozamos desta celebración sen perder en ningún momento de vista o sentido que ten ser misioneiro ou misioneira e formar parte das misións.
Tivemos o luxo de escoitar unha charla do Irmán Carreira, que nos contou a súa experiencia como misioneiro durante máis de trinta anos en Guinea Ecuatorial. Como di o noso lema deste ano “Xuntos mellor” e así foi, xuntos, como construímos entre todos o lema do Domund 2022: “Seredes as miñas testemuñas”.