Que ben o pasamos traballando coa densidade dos líquidos
O alumnado de 5º de primaria comprobou, xunto co seu profesorado, como inflúe a densidade dun líquido na flotabilidade.
A semana pasada, na materia de Natural Sciences, estivemos traballando sobre as propiedades da materia; a masa, o volume, e centrámonos na última, a densidade. Propúxoselles un reto aos nenos e nenas a través dunha pregunta: os ovos de galiña poden flotar na auga?
A través dun experimento moi sinxelo puidemos comprobalo. Mesturamos unha gran cantidade de sal nun recipiente de auga e puxemos outro recipiente con auga doce. O resultado deixounos ver que a auga salgada ten unha maior densidade que a doce e por iso os ovos flotaban moito máis.
Novamente, o método científico axúdanos a descubrir moitas cousas e a continuar aprendendo dunha maneira significativa.
Como nos gusta aprender facendo!
Profesora Marta