Mans á obra!
A semana pasada tanto o profesorado como o alumnado do colexio La Salle comezaba as clases con moita ilusión!
Despois dunhas ben merecidas vacacións, as nenas e nenos volvían con moitas ganas ás aulas. Os primeiros días foron dedicados ás xornadas de sensibilización, un tempo que ten como obxectivo a reflexión e a interiorización a través de diferentes dinámicas. Resulta moi proveitoso xa que o alumnado ten a posibilidade de coñecer e crear ou profundar lazos cos seus compañeiros e compañeiras que, en moitas ocasións, son diferentes aos do curso pasado. Tamén, brinda a oportunidade de que tanto o profesorado como as nenas e nenos poidan coñecerse mellor antes de comezar coa rutina do curso escolar.
Sentímonos moi afortunados por ter a posibilidade de poder vivir momentos de unión e familia coma estes xa que consideramos que cun bo clima e ambiente de convivencia nas aulas o proceso de aprendizaxe poderá ser moito máis produtivo e significativo para todos e todas.