Entrega de diplomas do Modelo de Parlamento Europeo
Os alumnos de 1.º de Bacharelato que participaron na sesión escolar do Modelo de Parlamento Europeo recibiron o seu correspondente diploma. Nela participaron máis da metade dos alumnos deste curso debatendo diversos temas de gran relevancia na actualidade. Divididos en catro Comisións, trataron: O desafío dos fluxos migratorios, A xornada laboral de 32 h semanais, A desinformación como ataque á democracia e O novo Bauhaus europeo e os espazos comúns.
Estas Comisións estiveron presididas por alumnos de 2.º de Bacharelato que foron seleccionados para a fase Autonómica e Nacional na anterior edición do Modelo de Parlamento Europeo.
Parabéns a todos eles!