Back

Unha viaxe chea de descubrimentos

“Cómpre viaxar para aprender”

Mark Twain

A ansia de explorar e o desexo de descubrir o mundo constitúen a esencia mesma do ser humano.

Ai! Dende ben pequeniños sentimos a necesidade de “posuír o mundo”.

O primeiro chanzo para acadalo é descubrilo, sorprendernos coas pequenas cousas, marabillarse deses inmensos tesouros aos ollos de neno.

O esperado día da excursión é, para os nenos e nenas de Infantil, unha desas ocasións máxicas, cheas de posibilidades e experiencias que os atrapan nun mundo diferente que os axuda a enriquecer o propio e, por riba de todo, a perder o medo ao descoñecido.

Sen esquecer o eixo do día: a diversión sen límites!

ALICIA LÓPEZ

Mestra de Educación Infantil

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.