Gran éxito da promoción de Bacharelato
A promoción de 2.º de Bacharelato deste curso obtivo uns moi bos resultados finais, a pesar da situación vivida durante estes tres cursos por mor da pandemia.
Grazas ao seu esforzo persoal conseguiron superar as dificultades do confinamento e as estrictas medidas sanitarias destes cursos para conseguir uns resultados moi meritorios.
Dun total de 122 alumnos que chegaron a final de curso conseguiron promocionar e superar con éxito o curso 109 persoas. De todos eles, un total de 54 alumnos conseguiron una nota media de Bacharelato igual ou superior a 8,75, polo que poden optar ao Premio Extraordinario de Bacharelato.
Felicitamos a todos e todas por estes resultados e estamos seguros de que volverán a conseguir un gran éxito nas probas da ABAU.