Sabes unha cousa? Na nosa clase temos unha pequena horta
Ás clases de 5 anos chegou unha mensaxe dun saltón de Texas que nos conta que viu pasar a Nina e os seus amigos camiño de Canadá, dinos que para nas flores para comer.
E decidimos axudar dende a aula a estes insectos, por iso collemos diferentes sementes: fabas brancas e verdes, trigo, lentellas e garavanzos e creamos unha pequena horta.
Tivemos que seguir uns pasos fundamentais con moita paciencia e atención para que a nosa horta dea os seus froitos.
- Comezamos facendo un sementeiro, coas sementes, auga e algodón nun recipiente e deixamos que xerminaran uns días.
- Preparamos unhas macetas, decorámolas e fixémolas bonitas para poder recibir as nosas sementes.
- Unha vez xerminadas, botamos terra nas macetas e transplantamos as sementes xerminadas.
- Deixámolos na fiestra, porque o aire e a luz son moi importantes para que medren, e por suposto regámolos porque a auga é fundamental para todos os seres vivos.
- Pasaron os días… e por fin puidemos ver medrar as nosas plantas.