Tarde de Xoves Santo
Esta tarde de Xoves Santo demos comezo á Pascua Lasaliana en Santiago, onde novos e non tan novos atopámonos para vivir dous momentos que foron en grao sumo interesantes e iluminadores.
Primeiro volvemos a nosa mirada cara ás nosas mans. Simplemente observando a actitude das nosas mans e os xestos que con elas adoitamos facer podemos saber moito de nós e da nosa actitude na vida. Logo reflexionamos sobre a nosa vida a través dos catro ingredientes cos que se fai o pan:
- A fariña representa o noso fundamento, a nosa historia, os valores que aprendemos de nenos…
- O sal fala do noso espírito, o que logra que a vida nos emocione e mova.
- O fermento é ese ingrediente esencial que representa o que nos fai crecer e ser mellores persoas, a oración, o servizo.
- E, finalmente, a auga, que todo o aglutina e dálle coherencia. É Aquel que dá sentido ás nosas vidas. É todo e é un.
Son catro ingredientes, pero levan a esencia da nosa vida. Esa vida que debemos compartir e dar aos demais. Ese pan que Xesús partiu na Ultima Cea e repartiu entre os seus discípulos. A vida que se dá. A gran mostra de Amor.