Reunión de formación inicial en Arcas Reales
O pasado 26 de marzo tivo lugar o encontro de formación para o profesorado novo de terceiro ano. Os 16 participantes da zona noroeste concentráronse na residencia Arcas Reales para asistiren ao último encontro do itinerario de formación inicial. Dende o noso colexio asistiron Alexandre Pallares, Andrea Castro e Araceli Traba.
Nova reunión de formación inicial en Arcas Reais. Nesta ocasión foi a quenda da promoción, que despois de dous anos de parón polo COVID-19, puido gozar da reunión de despedida programada dentro do itinerario formativo para o novo profesorado.
A mañá comezou puntualmente -ás 10:00 horas- cunha motivación inicial arredor da vida como camiño de evolución e crecemento continuo. A traxectoria da educadora lasaliana é un longo camiño profesional que precisa de tempos de reflexión compartida: que é o que me move e me emociona como educador? Síntome o protagonista da historia que decidín vivir? Como percibo o contexto no que viven os mozos? Estas foron algunhas das preguntas compartidas polo irmán José Antonio Ramos, coordinador do encontro e delegado de Formación Lasaliana.
O resto da xornada matinal xirou en torno á importancia da espiritualidade e como esta conforma os alicerces do educador de La Salle Os asistentes, 16 docentes do noroeste de España, tiveron un tempo persoal e compartido por parellas -formato Emaús- para contrastar a experiencia no centro de orixe e os retos presentes e futuros do seu labor pedagóxico.
O peche da xornada, tras unha distendida hora de comida entre os participantes, centrou a súa atención en lembrar a traxectoria educativa de cada un dos docentes. A través da actividade manual “O cubo da miña historia”, o profesorado de formación inicial puido analizar polo miúdo a súa evolución pedagóxica, aqueles fitos significativos na súa traxectoria profesional e ter en conta aos compañeiros e membros da comunidade educativa que foron especialmente importantes. nestes primeiros anos.